linux

Novo controlador de vídeo de ATI para Linux con soporte para Ubuntu 9.10

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 29 Xaneiro, 2010 - 16:31.

O pasado 27 de xaneiro, AMD anunciou unha nova versión do seu controlador de tarxeta gráfica propietario para os usuarios de Linux. ATI Catalyst 10.1 actualiza o software á versión 8.69 e introduce soporte para o Ubuntu 9.10 de Canonical. Conta con compatibilidade para arquitecturas de x86 e x86_64 ademáis de que ATI Catalyst 10.1 tamén soluciona unha morea de problemas:


( categorías: )

Como obter información a baixo nivel sobre o teu hardware: dmidecode

Imaxe de boricua
Enviado por boricua en 25 Novembro, 2009 - 01:19.

Ás veces hai que remitir unha incidencia no teu computador con IBM, DELL ou algunha outra compañía xeralmente preguntaranche polo número de serie da máquina.

¿Qué facer se non temos acceso físico o servidor?


( categorías: )

Axente persoal de vídeo libre con VDR

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 11 Abril, 2009 - 18:29.

Proxecto VDR para o m7x0

Algúns de vós xa coñeceredes o proxecto VDR (Video Disk Recorder). Para os que non lle soe demasiado, bastaralles con saber que se trata dun software de xestión de vídeo persoal ou PVR (Personal Vídeo Recorder) similar a outros centros multimedia máis coñecidos, como o MythTv ou Freevo. Pero decidinme a escribir sobre éste en concreto porque está tendo un desenvolvemento bastante activo para o sintonizador-grabador de TDT Siemens Gigaset m740AV/m750T EPG que teño, e do que xa comentei algo nesta web fai algún tempo.


Ideas para o futuro Gnome 3.0

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 6 Abril, 2009 - 23:22.

Aínda que falta polo menos un ano para poder ter un Gnome 3.0 co que comezar a xogar, as primeiras decisións xa se están tomando dende o grupo de traballo de Gnome. De todo o que ahí comentan podemos resaltar que as duas pezas de software básicas desta estructura serán o Gnome Shell (con screencasts) e o Gnome Zeitgeist .


Ext3 fronte ó novo Ext4

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 30 Xaneiro, 2009 - 20:22.

Nestas semanas escoitouse moito rebumio na rede xa que o núcleo de GNU/Linux, o kernel Linux, ven de soportar o novo sistema de ficheiros que incrementa, e moito, o rendemento nas operacións de disco. Aínda que este artigo que vou escribir é un tanto técnico, sempre é interesante para o resto dos "mortais" e reflicte moito como GNU/Linux evoluciona a pasos axigantados.

O devandito incremento de rendemento de Linux con EXT4 ata o de agora reflexabase en non mais que dúas ou tres probas que demostraban un menor tempo de arrinque que a versión anterior. Pero hoxe podemos coñecer  datos reais con probas con bases de datos PostgreSQL OLTP, e ollamos un cambio moi importante.

 Ollemos...


Google Chrome pode acercarse a GNU/Linux

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 11 Xaneiro, 2009 - 16:06.

A alfa de Google Chrome 2.0 trae boas novas para os usuarios de GNU/Linux e Mac que lle gostaría probar Chrome: Chrome 2.0 emprega a súa propia libraría HTTP fronte ó emprego da libraría WinHTTP só presente en Win2s.

A libraría HTTP de Windows era o principal impedimento para portar Google Chrome e facelo deste xeito multiplataforma, co que agora non existe este impedimento e os usuarios de GNU/Linux e Mac poden ollar nun futuro cercano un progreso significativo.

Google Chrome é un navegador de fonte aberta baseado en Webkit, como o son outros navegadores de escritorio ou de teléfonos, incluíndo Konqueror de KDE.

Confío pois que non tendremos que esperar moitas semás para que apareza unha versión beta de Chrome para a nosa plataforma, que tentaría colocarse no podio xunto a Firefox.


( categorías: )

Ubuntu-eee agora é Easy Peasy

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 8 Xaneiro, 2009 - 17:27.

Cando tuven nas miñas máns durante uns días un netbook certamente namoreime del, transportabilidade, conectabilidade permanente, posibilidades e sobre todo movilidade son características que hoxen en día se procuran en equipos informáticos.

A odisea inicial de lidiar con unha "cutre-distro" aka. Xandros fai que os usuarios digamos normais se leven unha mala visión da nosa contorna, xa que a funcionalidade e potencial que ten GNU/Linux  non se ollan con esa distro.

Para escapar isto existia ata o de agora Ubuntu-eee que era unha ubuntu preparada para os Netbooks de Asus e que funciona ás mil maravillas. Agora decidiron cambiarlle o nome a "Easy Peasy" cun viro cara o soporte de netbooks de outras marcas. Sen dúbida que iste será unha boa saída e sinxela de instalar e ter o teu mini-laptop configurado sen mover un dedo, ademáis de ter toda a potencialidade dunha Ubuntu de fondo.

Os usuarios actuais de netbooks de seguro que a coñecerán xa que era a única maneira de exprimir toda a potencialidade, pero os usuarios que aínda non posúen un destes "pequechos" poden votarlle unha ollada e maravillarse de este desenrrolo.


Adobe Air en GNU/Linux

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 31 Marzo, 2008 - 16:04.

Vía Barrapunto.com entérome que Adobe anunciou hoxe que se une á Linux Foundation e que lanzou Adobe AIR e Flex Builder 3 para Linux baixo a EULA privativa.
Polo de agora só é unha versión pre-alfa moi inestable, pero como ben dín en Barrapunto podería ser un cambio na mentalidade de Adobe para con sistemas GNU/Linux.
Porén existe con isto moita controversia con esta nova sobre todo cando a mesma Adobe aínda non liberou unha versión nativa para procesadores de 64 bits, o que sen dúbida o "usuario medio" de GNU/Linux precisa hoxe en día pra navegar pola rede.
Aquí tedes as ligazóns:


( categorías: )

Dell xa vende portátiles con Linux en España

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 27 Xaneiro, 2008 - 12:24.

Dell XPS M1330MEstos días estaba buscando un portátil para mercar. E visitando a web de Dell España atopeime que xa venden un portátil con Linux. Para quen lle interese tratase do XPS 1330M, un portátil pensado sobre todo para ser compacto, potente e lucir o mesmo tempo, o que non está mal para quen lle guste traballar en portátiles de 13 pulgadas.


( categorías: )

GLUG argavelando a Xuventude Galiza Net 2008

Imaxe de GLUG
Enviado por GLUG en 29 Decembro, 2007 - 13:51.

No GLUG andamos argavelando a participación na Xuventude Galiza Net. Para iso habilitamos unha páxina na nosa wiki para recoller ideas e cousas que poidamos levar a cabo. Tamén podemos entrar en colaboración con outros grupos, de feito andamos na procura de colaboración para que a nosa intervención sexa moito máis satisfactoria e podamos ter un impacto maior no espracemento do software libre

Todavía estamos en "pañais" polo que se queres participar connosco pasate pola wiki ou deixa un comentario.