ati

Novo controlador de vídeo de ATI para Linux con soporte para Ubuntu 9.10

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 29 Xaneiro, 2010 - 16:31.

O pasado 27 de xaneiro, AMD anunciou unha nova versión do seu controlador de tarxeta gráfica propietario para os usuarios de Linux. ATI Catalyst 10.1 actualiza o software á versión 8.69 e introduce soporte para o Ubuntu 9.10 de Canonical. Conta con compatibilidade para arquitecturas de x86 e x86_64 ademáis de que ATI Catalyst 10.1 tamén soluciona unha morea de problemas:


( categorías: )

Envy, acelerazón gráfica para gráficas Nvidia e ATI

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 3 Decembro, 2007 - 22:17.

EnvyQue o escritorio de GNU/Linux está máis perto da xente non técnica é un feito, aínda que paseniñamente, acércase pola súa facilidade de uso e a súa estabilidade. Para animar a toda a xente que todavía non o probou polo mito de "non teño soporte de hardware", descubro o proxecto Envy.

Envy é un pacote para Debian ou Ubunto, composto por varios scripts escritos en python que crean un asistente de instalazón e configurazón dos drivers privativos para tarxetas gráficas de Nvidia e ATI. Totalmente autónomo, a aplicazón é inmediata e trasparente para o usuario.

Detecta o hardware do sistema, e descarrega os drivers dende as páxinas oficiais. Configura por vos as X e se queres reinicia a contorna gráfica coa nova configurazón.

Namentras escribo este artigo existen versións para Debian Lenny e Ubuntu nas versións Dapper, Edgy e Feisty, asemade de versións para Fedora e Arch. Nunca ter acelerazón gráfica en GNU/Linux foi tán fácil.

Se queredes votarlle unha ollada pásate pola web de Envy


ATI vai mellor en Linux que en Vista

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 31 Outubro, 2007 - 15:11.

Recentemente saíron os novos controladores gráficos de ATI para GNU/Linux que recollen unha grande mellora en rendemento. Este veuse incrementeado tanto que supera o rendemento de W... Vista, algo impensábel fai uns meses.

En Phoronix realizaron unha comparativa sobre a Radeon HD 2900XT cos últimos controladores gráficos para GNU/Linux (4.42 con soporte AIGLX) e para W... Vista.


( categorías: )