ubuntu

Brainstorm: selecciona o teu aplicativo favorito en Ubuntu

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 15 Febreiro, 2010 - 09:17.

Unha das ideas que máis me gustan de brainstorm.ubuntu.com é a de "Configurar Ubuntu durante o proceso de instalación". Isto permite seleccionar o teu aplicativo favorito para cada unha das tarefas máis comúns do sistema (navegador, email, reprodutor de música, ...).


Lucidity: unha proposta de tema para o Ubuntu Lucid

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 9 Febreiro, 2010 - 09:16.

Os usuarios do Ubuntu sempre debatiron sobre o redeseño da interface e aínda que na última versión Karmic Koala obtívose un impulso moi importante na limpeza da mesma, somos moitos os que cremos que agora temos a oportunidade de cambiala. Neste senso descubrin este "mockup" de tema para metacity que nada máis velo saqueime o sombreiro. Se vos gusta difundídeo para que sexa o tema oficial de Karmic.


Firefox: Error en el bus. Solución: debsums

Imaxe de oscar
Enviado por oscar en 29 Decembro, 2009 - 14:01.

Puede ocurrir que por algún motivo (caída de sistema, apagón de la luz...) al ir arrancar alguna aplicación (a mi me ha ocurrido con el firefox y con kile) de nuestro SO no arranque y nos aparezca el siguiente error: "error en el bus" o "bus error"

Para que aparezca este error debemos abrir una consola y ejecutar desde ahí el programa y así nos aparecerá el error, sino únicamente veremos que el programa no arranca sin sacar nada


Arrinca o teu sistema moito máis rápido: ubuntu-boot

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 4 Decembro, 2009 - 02:59.

Aínda que xa a nova Ubuntu arrinca moito máis rápido que as predecesoras e para a seguinte xa prometen que arrincará en só 10 segundos, os impacientes poden ter unha mellora sustancial no tempo de arrinque das nosas computadoras con este pequeno consello. Ubuntu Boot Packages  contén paquetes que optimizan o teu sistema para este propósito.


( categorías: )

As caras B de Ubuntu: software adicional

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 4 Decembro, 2009 - 02:50.

Remataches de instalar a túa magnifica Ubuntu Karmic pero resulta que non sabes que aplicativos debes instalar agora. Esta  cuestión é moi recurrente ao instalar un novo sistema operante máis en Ubuntu isto simplificase moitísimo.


( categorías: )

Probando a nova linguaxe de programación Google 'Go'

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 11 Novembro, 2009 - 21:28.

Sego a pensar que calquera día Google se nos pon a vender panos de papel ou mesmo coches. O último capítulo deste culebrón chega coa súa nova linguaxe de programación Open Source chamada "Go". Segundo os rumores os enxeñeiros en  Google están descontentos coa "lentitude" de Python  polo que crearon unha nova linguaxe de programación, que tenta arrexuntar a rapidez de desenvolvemento de Python co rendemento de C. Aquí vou explicar como poder probalo na nosa ubuntu e xulgar por nós mesmos.

O primeiro é crear unhas variábeis de contorno no noso .bashrc (ou .zshrc se empregades zsh coma min). Abrimos con gedit o ficheiro ~/.bashrc e engadimos:


( categorías: )

Eliminar paquetes marcados coma rc (ficheiros do sistema eliminados pero non borrados)

Imaxe de oscar
Enviado por oscar en 22 Outubro, 2009 - 20:52.

   Normalmente cando facemos unha actualización do sistema a unha versión superior ou cando eliminamos nos un paquete non usamos á opción --purge co dpkg ou co apt-get o que ocorre é que o paquete xa non está instalado, pero os seus ficheiros seguen no sistema a ocupar espazo.

   Pra velos paquetes que están marcados coma rc (eliminados, pero non purgados os ficheiros do noso disco) faremos:


Escritorio extendido no iMac con Ubuntu 8.10 e ATI radeon

Imaxe de Denís
Enviado por Denís en 29 Setembro, 2009 - 18:54.

Como varios sabedes, para o meu traballo de deseño gráfico emprego un iMac de comezos do 2006 (isto é, CoreDuo, non Core2Duo). Recentemente, Eipock prestoume un dos tres (!) monitores que tiña no seu escritorio, para probar a saída extendida do iMaque, algo que levo querendo facer bastante tempo. Velaiquí tedes o resultado.


( categorías: )

Compartir rede co NetworkManager e (case) nada mais

Imaxe de Denís
Enviado por Denís en 25 Setembro, 2009 - 10:55.

Compartir rede no Windows é algo lixeiramente escuro. No MacOSX é verdadeiramente doado. E no GNU/Linux, coma de cote, é algo que se pode facer de moitos (demasiados?) xeitos diferentes. Algúns deles implican configurar o equipo a traveso de iptables ou empregar o Firestarter, e o problema que teñen é que para un dos casos mais frecuentes -- isto é, cando se quere compartir wifi dende un portátil para un sobremesa -- son complexos e farragosos de mais.


Recuperando unha partición perdida en Ubuntu GNU/Linux con Ext4

Enviado por sak en 21 Agosto, 2009 - 13:04.

Son informático e traballo no meu propio computador, no que teño datos moi sensibles como é de supoñer; é por iso que teño un simple pero efectivo sistema de backup. Tiven que migrar os datos para outro computador no entanto o meu computador principal era amañado; mais non puxen a correr o sistema de copias de seguridade ata ter algo de tempo. Aconteceu que antes de “ter algo de tempo” alguén por erro entrou no modo de recuperación do portatil (ACER), dándo como resultado un erro no GRUB. Non era a primeira vez que acontecía e rápidamente fun reinstalar o grub cun disco live, mais cando vou mirar cal é o nome da partición de arranque vexo que as particións de linux desapareceron e so hai un espazo sen particionar. Problema!

 Gparted