Horario provisional pra este ano

Imaxe de Denís
Enviado por Denís en 1 Outubro, 2005 - 17:36.

Puff... Ollade o horario que me espera este primeiro cadrimestre:

E é temporal -- aínda está por ver cómo consigo facer encaixar Aikido aí no medio de todo.

Eses tres días con soio unha hora de clase na mañá mátanme... Son unha perda de tempo total, porque ir e vir a Compostela soio xa me leva un anaco grande, así que non ten sentido andar indo e vindo pra unha hora. Terei que ir e traballar aló...

Vou precisar un portátil.

E o horario do segundo cadrimestre non queirades nen velo.
Root se apiade de min.


( categorías: )
Imaxe de PhAnTeR

ZZZZzzzzzzzz

Denís, dijiste que tu con poco rato durmiendo hacías, no? xD jajaja pq me temo que éste cuadrimestre la cama y tu hareis pocas migas jejeje :P

Venga, ánimo, total solo son 4 meses :P

Phant.



Más que la cantidad de conocimientos que tenemos, es el uso correcto de los que poseemos

Imaxe de Denís

ZZZZzzzzzzzz

Non, non -- non me expliquei ben:

¡Eu preciso durmir un mundo! Así como 20 horas diarias. O problema é que, por haches ou por bes, acabo sempre por non durmir nen as oito de rigor... Claro como me gusta traballar de noite, e me amola muito erguerme tarde, pois pasa o que pasa.

Enfin. Resignación pagana.

Imaxe de Miguel

Horario cifrado

Como decía Higgins "Ohh meu Deus". Este non hai quen o entenda. ¿Dende cando cifras os horarios? ;-P

Imaxe de Denís

Pois dende que estudo...

Pois dende que estudo asignaturas con nomes de mais dun parágrafo de longo...

Enfín, aí vai a pedra de Rosetta:

MTPo = Metodoloxía e Tecnoloxía da Programación
BaDa = Bases de Datos
SiOp = Sistemas Operativos
PrOO = Programazón Orientada a Obxectos
MaDis = Matemática Discreta