Supoño que isto pode parecer algo semellante a publicidade, pero despois de todo é o meu blogue persoal, e ben podo contar nel o qué me parecen as cousas.
Veño de contratar, con Dinahosting, un servizo de hospedaxe. Xa contratara antes con eles un rexistro de dominio, e quedara moi satisfeito, e desta vez tamén me causaron moi boa impresión, polos seguintes motivos:
- O soporte técnico é moi, moi veloz, e moi bo. Como proba, un botón: púxenlles un correo ó pouco de contrata-lo servizo de proba (¡ollo! Nen sequera estaba a pagar aínda) preguntando unha dúbida ca conexión segura, e en troques de responder con outro correo, chamáronme persoalmente ó cabo dunha hora e pico, «porque a dúbida non é moi habitual, e por se tiñas algunha outra». Ah, e era sábado.
- Permiten acceso ao servidor por SSH, o que non ven sendo moi habitual.
- Teñen a páxina web en galego (e tamén en castelán, e en portugués, e en checo). Algo que me importa menos, pero tamén, é o feito de que usan as terminacións en 'bel' e, para os correos que lles mandas en galego (que por suposto respostan en galego tamén), o enderezo ten o sufixo '-gz'. A bo entendedor...En contra, debo dicir que aínda non teñen a axuda en liña traducida ó galego. Supoño que hai que lles dar tempo.
- Por se o anterior fose pouco, fan bandeira do compromiso ca língoa, como se pode ver na imaxe que segue. Tamén me pareceu moi positivo un pequeno detalle da foto (a ver quén mo pode dicir), que representa un guiño moi discreto pero moi claro cara unha sociedade muito mais razoable.

Vamos, que estou contento con eles. E ademais, aínda os prezos son bastante bos, penso.
Dinahosting
Creo que o guiño que dis ti é que son dous homes o da foto. Podería tamén pensar que é marketing pra vender, pero coido que non xa que hai uns anos tiven entrevista con eles e a imaxe da foto está moi acorde con alomenos 1 das persoas que me fixeron a entrevista, polo que alédome :-)
Ademáis por se non o sabes, teñen un chat on-line no que no intre vanche contestando as dúbidas que teñas
Dinahosting
Home, todo pode ser, pero venderían igoal se fosen un home e unha muller. De feito, o usar dous homes mesmo poderia botarlles para atrás algún cliente. Tamén está o feito de que non é demasiado evidente -- non se trata do reclamo principal. E a iso hai que lle sumar o resto dos pequechos detalles que comentei.
Vamos, que así de entrada, góstanme.
Sí, sei que teñen un chat... Mais ben, o Skype. ¿Teñen outra cousa que o Skype? Porque ese é privativo, e ademais non está compilado pra PPC.
Dinahosting
Pois home, eu creo que teñen un en java se non me trabuco, pq o usamos hai tempo nunha debian, pero non cho podería asegurar agora mesmo con certeza :(
chat e skype
Aclaro que para comunicarse vía internet dispoñen dun chat que non depende de Java, senón que tira con calqueira navegador. Ese chat é vía texto, é dicir, non vai por voz.
Por outro lado se tes Skype no teu PC podes chamalos e á súa vez tamén permite a comunicación vía chat por texto.
Ambos métodos están dispoñibles as 24 horas do día e sempre atende xente que sabe do que está a falar e soluciona, cousa que tamén é importante.