InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.
|
Docky: o novo "WOW" de GNU/LinuxEnviado por Paco en 12 Xaneiro, 2009 - 16:59.
Os rapaces de Genbeta fan un gran análise do novo "WOW" en GNU/Linux, Docky. Docky é un novo template para Gnome-do no que están a desenrrolar os rapaces de Gnome-do que incrementa moitísimo a usabilidade do programa, convertíndoo así nunha nova forma de lanzar aplicacións sen levantar a man do teclado. Técnicamente, Docky é un fronteiro para Gnome Do que introduce unha nova forma de interactuar con Do. Docky axuda a manexar Do artellándoo co escritorio e proporcionando a interacción co rato ademáis que coa antiga interface de teclado. Cando procuras con Docky, presentase unha pantalla longa de resultados. Sen resultados adicionais. Isto permite manterse centrado nos resultados que queres sen preocuparse que accións son as seguintes, e o máis importante, Do pode predecilas por ti. Se se equivoca, só tes que pulsar Tab ata que sexa a elección que precisas. A única alteración dende a inteface estándar de Do é que a lista de resultados nunca se mostra, e a interacción con el é horizontal. Docky todavía está na fase de probas e desenrrolo, aínda que xa é funcional. Se queres intalalo na túa Ubuntu ou Debian. Só tes que meter as seguintes entradas nas túas fontes de software e actualizar gnome-do.
Con Docky xa non só poderemos desfrutar da rapidez e eficiencia de Gnome Do, se non que poderemos aventaxarnos de este novo dock de aplicacións. |
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Pois non che creo que sexa
Pois non che creo que sexa pra tanto, IMHHHHO. É unha dock... vale, non lle hai que dicir cales programas queres poñerlle (non coma outras aplicacións...), mesmo podes 'arrastrar' e 'soltar' (algo aparentemente anormal en GNOME, igual é unha funcionalidade que a xente non precisa? non sei) e o moi cuquiño ponche as ventás que tes. beh!.
O innovador é que a dock se converte en lanzador de aplicacións ou viceversa, fóra diso...