Díptico do GLUG Festigal 2008

Imaxe de Denís
Enviado por Denís en 28 Xullo, 2008 - 18:19.

Adxunto as fontes SVG e os PDFs finais do díptico que creamos para o Festigal 2008. Foron acompañados dun cederrón do Trisquel 2.0, e agotáronse en cousa dunha tarde. Non está nada mal!

Coma de costume, quen queira empregalos pode facelo baixo dos termos da licenza Creative Commons Atribución - CompartirIgual 3.0, ou alternativamente baixo dos termos da licenza GNU GPL (pra nos asegurar de que quen queira poida meter estes contidos nunha distro de GNU/Linux).

As fontes empregadas son AnthologY e DejaVu Sans Condensed. Esta última está en calquera distribución de GNU/Linux (e é unha moi boa fonte, e moi elegante) e a primeira tedes que a descargar de Dafont.com.

Que vos aproveite!

AdxuntoTamaño
diptico-anverso.pdf596.5 KB
diptico-reverso.pdf764.18 KB
portada-diptico.png91.83 KB
diptico.tar.bz2277.66 KB

( categorías: )