InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
|
Reducir tamaño ocupado por unha instalación dun sistema "guest" nun disco virtual de VirtualboxEnviado por oscar en 26 Xaneiro, 2009 - 17:35.
Os que xa levan un tempo a traballar con virtualbox, ven que o tamaño da súa instalación se usan un disco duro dinámico crece sen parar, pero logo inda que borres unha chea de cousas non empequeñece, é dicir, non libera o espazo no disco virtual quedando no mesmo tamaño que se non se desinstalara ren, causando que en pouco tempo o tamaño máximo co que crearamos o disco xa se alcance, inda que realmente o instalado ocupe menos. O anterior, pasa sobre todo cando o Guest é un Sistema Windows, qué facer? Pois temos unha opción en liña de comandos de Virtualbox, que nos permite voltar a compactar a imaxe, esta opción está só ata a versión virtualbox-2.0, nas últimas xa cambia de nome e ademáis non está todavía habilitada, a pesar de que aparece na ristra de opción. Se é un linux a máquina guest, probablemente nin nos mereza a pena facer ren xa que xestiona moito millor coma almacena a información, non coma os Windows que a espallan por todo o disco causando moita fragmentación. Coma compactar a nosa imaxen? Pois ca seguinte opción que nos da Virtualbox
Se a máquina "guest" é un Windows recoméndase antes desfragmentalo disco dende o propio Windows e logo pasar algún programa que o que faga sexa poñer a 0 todo o espazo libre e finalmente executaremos a opción anterior que nos daba o Virtualbox pra compactar. No meu caso unha imaxe dun guest Windows XP pasou de ter 15GB a 8GB Espero que os serva de axuda,
( categorías: )
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Moi bo
Penseino máis dunha vez, pero nunca se me dera por buscar a solución. Dende que uso VirtualBox estaba bastante convencido de que as imaxes dos discos dinámicas non liberaban o espacio segundo lles iba quedando libre, e agora vexo que sí que pasaba tal.
E sobre este tema que aplicación usas, coñeces ou recomendas que poña o espacio libre do disco todo a "0"s.
Pois aparte de desfragmentar
Pois aparte de desfragmentar que iso faise se usas o guest coma "windows" dende o propio Windows, o de poñer a "0", hai diversas aplicacións, pero as que eu vin e usei eran freeware xa que necesitaba o disco funcionando xa e con espazo por iso non as puxen, seguramente haberá outras que sexan GPL, se alguén sabe dalgunha que o comente eiquí así a usarei para a seguinte vez.
Yo uso el paquete
Yo uso el paquete SysinternalsSuite (poneis en google esto y seguro que os aparece algo). Se baja de una pagina de microsoft, porque creo que el autor trabaja ahi.
Es un paquete con un monton de aplicaciones, y una de ellas es sdelete (secure delete).
La forma de usar este comando para poner a cero el espacio no usado es
sdelete -c
Una vez hecho esto, basta con ejecutar el VBoxManage tal y como dice Oscar para comprimir la imagen de VirtualBox.
Gracias Suso Eu non quixen
Gracias Suso
Eu non quixen poñelo nome da aplicación, pero no propio manual de VirtualBox falan dela e de coma usala. En principio falan de usar sdelete ca opción "-z" e facelo un par de veces non só unha, igual que o de defragmentar facerlle un par de pasadas
O que non sei realmente é o tipo de licenza de sdelete tal e coma dicía enriba igual que de defraggler (pra defragmentar) que é gratuito, pero creo que non SL