Os programas imprescindibles para o uso diario en GNU/Linux

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 27 Abril, 2009 - 21:25.

Imos agradar aos principiantes no noso sistema e vou relatar os programas que emprego diariamente e que baixo meu punto de vista non deben faltar no contorno que todo usuario medio de GNU/Linux usa a cotío.

Códecs / Multimedia

Esenciais para poder escoitar e ver os arquivos multimedia, entre eles pode estar o mp3, os avi, ogg etc. Ubuntu Linux instalaos mediante a familia de paquetes gstreamer pero se instalas ubuntu-restricted-extras xa tes todo listo.

  1. gstreamer0.10-ffmpeg: Códecs para decodificar y demultiplexar algunos de los formatos más populares.
  2. gstreamer0.10-plugins-bad:
  3. gstreamer0.10-plugins-bad-multiverse: Similar al anterior pero de multiverse
  4. gstreamer0.10-plugins-ugly: Códecs que non son 100% software libre
  5. gstreamer0.10-plugins-ugly-multiverse: Similar al anterior, pero en multiverse. En este paquete se encuentra el códec para archivos MP3s.
  6. banshee: O meu reproductor de son preferido para Linux
  7. vlc: o reproductor de vídeo que emprego a diario
  8. Spotify: para escoitar radio de forma gratuita pola internet

P2P

Só pra baixar torrents de cds de debian e ubuntu, todo legal! ;p

  1. transmission: Cliente de BitTorrent
  2. amule: Clon de eMule 

 

 

Surfeando pola rede

Engadidos aos navegadores que deben telos todos instalados.

  1. msttcorefonts: Fontes TrueType de Windows.
  2. flashplugin-installer: Plugin Flash para Mozilla, Firefox, Iceweasel e Iceape.
  3. sun-java6-plugin: Plugin Java para Firefox, Mozilla, Iceweasel, Iceape, etc
  4. mozilla-acroread: Plugin que integra Acrobat Reader en Mozilla firefox

Tuneo do escritorio

  1. tango-icon-theme: Iconas Tango
  2. tango-icon-theme-extras: Máis iconas de estilo Tango
  3. gnome-do: o mellor dock e lanzador de aplicacións ata o momento
  4. ubuntu-tweak: unha aplicación con pouco tempo de vida pero que non pode faltar

 

Traballo diario

Algunhas ferramentas que son de utilidade no díaa a día

  1. thunar: porque nautilus é leeento, lento. O navegador de arquivos máis rápido que coñezo. Just what i want.
  2. rar e unrar: Soporte para crear e descomprimir ficheiros rar
  3. nautilus-open-terminal: "Abrir terminal aquí" en el menú contextual de Nautilus. Porque a veces hai que empregalo
  4. build-essential: Librerías y programas básicos para compilar
  5. Acroread: porque algúns pdfs se resisten e ten que ser con software de acrobat.
  6. compiz, ccsm e simple-ccsm: compiz en todo o seu resplandor, incrementa de forma dramática a usabilidade de GNOME.

Repositorios interesantes

So tes que engadir os repositorios seguintes que están entre parénteses coa ferramente "Fontes de Software" dentro do menú Sistema->Administración.

  1. Ubuntu-tweak: apliación para tunear o escritorio de Ubuntu. Olla as instrucións en http://ubuntu-tweak.com/downloads
  2. Medibuntu: para ter moitos plugins e programas interesantes (deb http://packages.medibuntu.org/ jaunty free non-free #medibuntu)
  3. Openoffice.org 3: para ter a última versión de OpenOffice.org (deb http://ppa.launchpad.net/openoffice-pkgs/ubuntu jaunty main #openoffice)
  4. Compiz (Desenvolvemento): para ter a última versión de compiz e non perderte nada nel. (deb http://ppa.launchpad.net/compiz/ubuntu jaunty main #compiz-fusion)
  5. Banshee: pra min o mellor reproductor (deb http://ppa.launchpad.net/banshee-team/ubuntu jaunty main)

 


( categorías: )
Imaxe de Miguel

Todo excepto un par de cousiñas

Moi boa recopilación. Eu uso practicamente todo o que tes na lista excepto o Spotify, Banshee, e mozilla-acroread. En vez do Banshee antes utilizaba o Amarok, e últimamente directamente o Rhythmbox, poida que extremadamente sinxelo para moita xente pero para min sobrame e ten bastante boa integración co Gnome.

E no que respecta o mozilla-acroread paréceme directamente molesto. Tamén o tiven instalado durante bastante tempo, pero xa non me resulta nada cómodo ver os pdfs incrustados no navegador, prefiro que mos abra nunha xanela aparte o Evince, que a fin de contas acaba sendo darlle a aceptar cando che pregunta se queres abrilo.

Imaxe de Denís

O Evince fai moi bo traballo normalmente

Eu teño instalado o acroreader (non o plugín de Mozilla, senón o lector de PDFs en sí) porque sei que é o que van a empregar os impresores cando lles mando os deseños e preciso ver como o van ver eles, e porque ás veces fai falla algunha funcionalidade de PDF que non existe aínda no Evince.

Pero para o 95% dos documentos, o Evince funciona perfectamente ben, e sen dúbida nun futuro non moi lonxano ha de cubrir esas funcionalidades que quedan pendentes.

O que estiven a escoitar últimamente: