
Varios socios do Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza están a fin de semá do 26,27 e 28 de Marzo colaborando coa Xuventude Galiza Net 2010 con relatorios técnicos.
Os obradoiros serán abertos aos visitantes (é dizer, non é preciso ser participante da XGN) e de balde, pero será bo confirmar asistencia coa organización do evento para asegurar as prazas.
As charlas/talleres impartidas por membros do GLUG son:
- Autoedición co Scribus (Tomás González Ahola, editor): breve cursiño de maquetado, edición e preimpresión cunha aplicativo libre comparábel -- e en moitos aspectos superior -- á competencia privativa. Sábado 27 de 10:00 a 12:00.
- Introducción ao deseño gráfico co Inkscape (Denís Fernández Cabrera, deseñador gráfico): Introducción ao programa de deseño vectorial. Venres 26 de 16:00 a 18:00 (por confirmar horario!).
- OpenSSH (Óscar Casal Sánchez, administrador de sistemas): Introducción a OpenSSH; restricción por usuarios, grupos, IP; claves públicas e privadas, túneles ssh; manexo de autenticación de identidades; cluster ssh. Sábado 27 de 16:00 a 19:00
- Virtualbox (Óscar Casal Sánchez, administrador de sistemas): Introducción a liña de comandos; instalación en sistemas debian; tipos de discos duros e configuración; tipos de rede e configuración; teleporting. Sábado 27 de 8 a finalizar
- Empaquetado de software e creación de repositorios Debian (Francisco Diéguez Souto, Ubuntu Member e consultor en software ceibe): Ferramentas, principios e metodoloxías aplicadas na creación do novo sistema operativo libre da Universidade de Santiago de Compostela.
- Ruby on Rails (Francisco Diéguez Souto, Software Developer e consultor en software ceibe): Os principais principios de Ruby unidos coa sinxeleza de uso fan de Ruby on Rails un framework de traballo moi a ter en conta. Explicaremos os principios para introducirnos no desenvolvemento de aplicativos con esta ferramenta.
Parabéns polo traballo
Parabéns polo traballo feito!
Era tan necesaria a presencia dun grupo na XGN que xa parecía que nunca ía chegar. Ademáis as temáticas son moi interesantes e de nivel.
Presencia tódolos anos
Boas sak,
Tódolos anos houbo presencia de xentes de diferentes LUGS nos relatorios e nos stand na XGN o que ocorre que case ninguén se enteraba de aí que este ano decideramos poñelo tamén anunciado na web do GLUG pra darlle algo máis de publicidade e non estar alí soíños :-)
Na web non aparece o taller
Na web non aparece o taller de ROR