Novo controlador de vídeo de ATI para Linux con soporte para Ubuntu 9.10

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 29 Xaneiro, 2010 - 16:31.

O pasado 27 de xaneiro, AMD anunciou unha nova versión do seu controlador de tarxeta gráfica propietario para os usuarios de Linux. ATI Catalyst 10.1 actualiza o software á versión 8.69 e introduce soporte para o Ubuntu 9.10 de Canonical. Conta con compatibilidade para arquitecturas de x86 e x86_64 ademáis de que ATI Catalyst 10.1 tamén soluciona unha morea de problemas:

  • X.Org non causará máis erros fatais con Ubuntu 9.10 se se están executando varias xeracións de servidores con Xinerama activado.
  • Non máis erros críticos ao cambiar entre os servidores virtuais
  • Soporte para "Escritorio Grande" xa que agora o Centro de Control de ATI Catalyst móstrase nas propiedades de xestión da pantalla.
  • Soporte estábel para monitores HDMI

Lóxicamente esta actualización tamén ten compatibilidade para outras distribucións de Linux como poden ser:

· Red Hat Enterprise Linux;
· Novell SUSE Enterprise Linux;
· openSUSE Linux;
· Ubuntu Linux.

+ info e descargas dende Softpedia


( categorías: )
Imaxe de Paco

Instalar as fontes do kernel

Lembrade que para instalar os controladores co ficheiro .run que descargades tedes que instalar as fontes do kernel.

Simplemente executade na terminal:

sudo aptitude install linux-source

An all will be fine!

Mess with the Best, Die like the Rest.

Imaxe de oscar

Unha pequena alegría

Menos mal que dannos unha pequena alegría, porque eu xa cando vexo unha ATI por exemplo nun portátil xa o descarto coma compra polo seu soporte pra GNU/Linux

Imaxe de Miguel

Boa cousa

A min pasame coma Oscar, e ver unha Ati e cheirarme problemas. O curioso é que xa fai algún tempo parece que decidiran mellorar o seu soporte e abrir fontes, pero semella que están tardando.