InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomunUsuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
|
MiniHowto: Configurar SNMP pra obter información da redeEnviado por oscar en 16 Abril, 2008 - 08:23.
Vou con iste mini manual a comezar unha serie duns cantos nos que irei explicando coma instalar ferramentas que nos permitan monitorizar a nosa rede dende un único posto (ver se os equipos están apagados ou encendidos, o seu espacio de disco, uso da súa rede, carga de traballo etc etc...). Usaráse ubuntu neste caso concreto. Pra ilo o primeiro que se debería facer se inda non sabedes que é o protocolo SNMP é mirar por exemplo neste enlace á wikipedia. Onde tamén podedes atopar outros enlaces ós RFC's máis relevantes do protocolo. Pasando á instalación do mesmo faremos: Instalamos no servidor o axente (paquete snmpd) e as snmp tools (paquete snmp) Configuramos o axente no fichero de configuración /etc/snmp/snmpd.conf. Amoso os trocos feitos a través da ejecución dun diff entre o ficheiro orixinal e o modificado por min:
Este troco permitiranos que calqueira poida leela información do noso SNMP, inda que non trocala. Modificamos tamén o ficheiro /etc/default/snmpd para que escoite pola ip que ten a interface eth0 en vez de en localhost que é onde o fai por defecto. Unha vez modifiquemos o mesmo reiniciamos o axente SNMP con: E comprobamos que realmente está funcionando e que tamén o firewall se o temos permite acceder a ise porto (deberiamos velo porto 161 UDP aberto):
No cliente instalamos as snmp tools (paquete snmp) e probamos se o axente do servidor funciona correctamente co comando snmpwalk que nos permite obter un subárbol de valores empregando "SNMP GETNEXT requests" cliente$ snmpwalk -c public -v 2c 192.168.1.10 Tamén permitiranos obtelo espacio en disco dun equipo remoto co comando snmpdf. cliente$ snmpdf -c public -v 2c 192.168.1.10 Espero que os serva de axuda, Mail: oscar.casal[at]gmail.com |
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Moi bo
Moi bo oscar,
eu fagoo directamente con nagios
UPDATE: despois da semi bronquillas de oscar en persoa (é coña!!), puntualizar que si, que hay que configurar snmp para logo con nagios ter unha boa interface no canto de tanto comando.
Mess with the Best, Die like the Rest.
Nagios ben despois
A miña idea é por dentro de pouco a configuración de cacti e logo para nagios, pero se fas ti o howto de nagios encantado :-)
Nagios
Agardando polo HowTo do nagios... jejeje
Un manual moi bo, que para o cortiño que é explicanse cousas que noutros blogs non!
Un saúdo!
Graciñas, ando xogando co Nagios
Graciñas e alédome que che servira de axuda
Respecto do howto ando apuradillo de tempo e con cousas do Nagios a voltas ademáis de probar outros sistemas que fan cousas parecidas a Nagios. Inda non me decidín por ningún deles. Cando o faga o subo prometido
Ubuntu ea Wifi
[offtopic]
Vistes que cañita lle dan a Ubuntu e aos problemas co manexo das Wifi por parte da xente do lado do mal, e iso que se dignaron a probalo... vós que sodes do lado do ben poderes decir algo ao respecto nonsi.
http://elladodelmal.blogspot.com/2008/05/la-wifi-en-ubuntu-804-ii-de-iii.html
Polo que leo en distintos foros parece que a época dourada de Ubuntu esta a esmorecer e comenzan a chove leñadura, e iso que esta a medrar a pasos axigantados!
No voso foro tamén vin algunha pregunta con respecto a problemas coa wifi... eu uso habitalmente OpenSuse e Xp, queria probar Ubuntu pero... 'nonsei nonsei'
Coidarse!
[/offtopic]
Wifi en ubuntu
En parte no artigo ten razón, realmente inda non está orientada cara o usuario a parte de wireless, pero iso non é un erro, sinxelamente non se implementou todavía. Podes usala a man coma se fixo toda a vida e vai perfectamente, se queres usar a interface pois ou esperas que a melloren ou a mellora un mesmo, así que elixe que facer.
Wifi
Ok ok pero na mentres en S.O. privativos fas todo de forma gráfica, (que non ten por que ser máis fácil, coidado pero sí máis intuitivo para o usuario da rúa) en Ubuntu ainda tes que baixar a liña de comandos - que pode ser máis rapido pero sempre da máis medo a hora de usalo-
Sería mellor que sacaran menos versións e menos ostias e a próxima que saia a rúa fose unha alternativa seria ao imperio de RedMond.
Saudos from Viveiro.