Máster en Sw Libre: inscripción aberta para módulos

Imaxe de oscar
Enviado por oscar en 16 Decembro, 2009 - 19:31.

Master de Software Libre, Igalica, Universidade Rey Juan Carlos

Dende Igalia veñen de anunciar a posibilidade de cursar algúns dos módulos do Máster en Software Libre de maneira independente.

Ao longo dos seguintes meses abrirase a matrícula para cursasr os seguintes módulos de coñecemento no Máster en Software Libre por separado. Todas as sesións terán lugar en Coruña no horario de venres tarde e sábado pola mañá.

Integración e Administración de Sistemas con Software Libre

 - Duración: 80h
 - Inicio do módulo: 29 de enero
 - Fin do módulo: 27 de marzal
 - Data límite de inscripción: 15 de xaneiro 2010
 - Temario, calendario e organización académica: http://www.mastersoftwarelibre.com/?page_id=242
 - Precios: http://www.mastersoftwarelibre.com/?page_id=283

Desenvolvemento de Software Libre para dispositivos Móbiles e Escritorio

 - Duración: 80h
 - Inicio do módulo: 9 de abril
 - Fin do módulo: 06 de junio
 - Data límite de inscrición: 27 de marzo de 2010
 - Temario, calendario e organización académica: http://www.mastersoftwarelibre.com/?page_id=273
 - Prezos: http://www.mastersoftwarelibre.com/?page_id=283

Desarrollo de Software Libre para contornos Web

 - Duración: 80h
 - Inicio do módulo: 11 de junio
 - Fin do módulo: 31 de julio
 - Data límite de inscripción: 28 de maio de 2010
 - Temario, calendario e organización académica: http://www.mastersoftwarelibre.com/?page_id=268
 - Prezos: http://www.mastersoftwarelibre.com/?page_id=283

As sesións son eminentemente prácticas con un enfoque de traballo en grupo. O noso obxectivo é que ao terminar cada un dos módulos, cada alumno sexa capaz de liderar e/ou participar en proxectos de software libre na súa área de coñecemento (sistemas, web, desktop/mobile) de maneira autónoma, aportando valor no proceso.

Para iso contamos con profesorado de primeiro nivel, hackers, xente con experiencia no sector. En pasadas edicións, pasaron polas nosas aulas relatores pertencences a institucións e proxectos como Nokia e o proyecto Maemo, Ándago, Trabe Soluciones, Telefónica, GNOME Hispano, KDE-España, Debian, Igalia, libresoft, etc. Nesta terceira edición estamos traballando para que todos eles participen de novo.

Esperamos que sexa de interés e poidades participar!

+ información: http://www.mastersoftwarelibre.com/?page_id=240


( categorías: )

Pouca profundidade??

Estiven vendo os temarios e dende fora parece moito material en pouco tempo, para ser un Master ao meu modo de ver hai que a fondar moooooito en cada un dos apartados, por exemplo: 23/4/10 - Desarrollando aplicaciones QT/KDE, e xa esta?? logo polo visto hai talleres pero que tampouco son moi extensos... home non sei, pero programar en QT/KDE e chegar a dominar o sistema penso que no se fai nunha tarde, así que iso sera unha 'visual' de como traballar, penso eu vamos.

Pero ben, as suas razóns terá de se así, ou non?

 

Imaxe de oscar

Vou preguntalo

Vou preguntalo Galcet e che comento