Lost disk space: ou como saber o uso de espazo empregado no disco

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 10 Decembro, 2009 - 02:33.

Aplicativo Baobab, para o analise de uso do discoMoitas veces de seguro que pensastedes o seguinte: ¿Onde demo están esos gigas que xa non están no meu disco duro?

A opción máis sinxela é facer unha análise do disco coa utilidade Baobab chamada en galego "Analizador do uso do disco" que toparedes no menú Aplicativos->Accesorios.

Pero e se o que che está ocupando espazo en disco son os aplicativos que tes instalados?
Pois para iso a seguinte solución...

dpkg-query --show --showformat='${Package;-50}\t${Installed-Size}\n' \
| sort -k 2 -n | grep -v deinstall \
| awk '{printf "%.3f MB \t %s\n", $2/(1024), $1}' \
| tail -n 10

E terás unha saída á seguinte:
69.875 MB linux-headers-2.6.31-16
73.371 MB openjdk-6-jre-headless
74.035 MB wine1.2
80.672 MB inkscape
82.582 MB sun-java6-bin
82.836 MB virtualbox-3.0
86.051 MB linux-image-2.6.31-16-generic
108.617 MB mysql-workbench-oss
109.215 MB openoffice.org-core
247.348 MB ubuntu-docs

Con isto simplemente terás unha listaxe do software que máis está ocupando no disco e poderás eliminalo mediante o teu xestor de paquetes favorito.
Se queres ver máis de 10, só tes que cambiar o 10 do final da orde e lixto!


( categorías: )