Formato personalizado da data no panel superior de GNOME

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 13 Abril, 2010 - 11:55.

A disposición do reloxo no panel é, francamente, bastante mala. Para meu gusto é demasiado ancha e ocupa moito espazo no panel. Pero isto pode cambiarse con uns pequenos truquechos.

A continuación explico como cambiar a configuración do sistema para configurar o miniaplicativo de data e hora como vedes na imaxe (e máis un pequeno regaliño).

  • Executa gconf-editor (ALT+F2 > gconf-editor)
  • Navega pola árbore até apps> panel> applets> clock_screen*> prefs
  • Preme dúas veces na chave 'format' e cámbiaa a 'custom'
  • Finalmente pega na chave 'custom_format' un dos 'estilos' de embaixo.

Estilo en dúas liñas, data e hora:

<sup><span rise="1000" font_desc="Droid Sans 6.5" color="#878787" weight="normal">%a %d %b</span></sup>%n
<sub><span rise="6000" font_desc="Droid Sans 7.5" color="#878787" weight="bold">%I:%M %p</span></sub>

Estilo normal con data máis pequena:

<span size="smaller" color="#c8c8c8">%a %d %b </span>
 %H:%M

(Presta atención ao pegalo de que todo o código estea na mesma liña.)

Ten en conta que eu emprego o tipo de letra 'Droid', pero podes cambialo ao que desexes cambiándoo en font_desc. Se queres usar Droid só tes que ir ao teu Xestor de paquetes e buscar por ttf-droid ou se tes instalado apt-url preme aquí


( categorías: )
Imaxe de oscar

Xenial, probareino, pq sí

Xenial, probareino, pq sí que me fastidia que o reloxo ocupe tanto espazo na barra de tarefas

Imaxe de Miguel

Acabo de probalo nun netbook

Fai un chisco fixen a proba, xa devecía por ollar o resultado. E teño que dicir que a nova presentación eche ben chusquiña, pero lamentablemente nun portátil de 10 polgadas a letra é demasiado pequena para ser lexible, así que por agora deixarei este ordenador igual e cambiarei os seus irmáns maiores.

Por certo que na Lucid Lynx na vez de "clock_screen" eu teño "applet6", pero todo o demáis é tal como o contas. Moitas grazas polo consello :).

Imaxe de Paco

Cambia o tamaño do tipo de letra

Ola Miguel,

cambia, pois, o tamaño do tipo de letra ou mesmo seleccione unha máis común "Sans 6" ou algo polo estilo. Eu tamén o teño configurado nun netbook e vese perfectísimo. E certamente si que o teño configurado con un tipo de letra máis pequeno.

Saúdos

Imaxe de Miguel

Tamaño de letra

Se creo que incluso probei con unha 6.5, ou semellante, pero a letra tan pequena nun netbook, faiseme demasiado escasa. Máis adiante probarei con outras fontes e xa che contarei.

Acabo de probalo, e funciona

Acabo de probalo, e funciona ben agás que a min non me aparece a hora...
Algunha idea?

Por certo, moi bo aporte!! :)

Data e hora, problema solventado.

Boas, xa dín coa solución! só lle tiña que quitar o %n da primeira liña e xa quedou todo OK.

%a %d %b

%I:%M %p

Graciñas polo aporte!