InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.
|
Escritorio extendido no iMac con Ubuntu 8.10 e ATI radeonEnviado por Denís en 29 Setembro, 2009 - 18:54.
Como varios sabedes, para o meu traballo de deseño gráfico emprego un iMac de comezos do 2006 (isto é, CoreDuo, non Core2Duo). Recentemente, Eipock prestoume un dos tres (!) monitores que tiña no seu escritorio, para probar a saída extendida do iMaque, algo que levo querendo facer bastante tempo. Velaiquí tedes o resultado. O procedemento foi bastante indoloro unha vez queu atopei toda a documentación que precisaba. Básicamente trátase de ter instalado o controlador privativo de ATI (fglrx) e de empregar o AMD Catalyst Control Center Linux Edition, que se pode descarregar da web de AMD ou instalar na Ubuntu con: sudo apt-get install fglrx-amdcccle Logo disto pódese empregar o comando amdcccle pra lanzar o centro de control que, unha vez fozado un pouco, permite configurar axeitadamente a disposición dos monitores. O problema é que, por defacto, a configuración pérdese con cada inicio de sesión, porque o amdcccle non garda a configuración. Para que o faga é preciso, logo de configurar os monitores como queremos, lanzar o gnome-display-properties (ben tecleando o comando nunha terminal, ben mediante Sistema > Preferencias > Resolución) e pulsar Aplicar. Isto salva a configuración definitivamente para futuras sesións (raro, pero funciona). Os meus monitores son de diferentes tamaños (e resolucións) pero por defacto o amdcccle configúramos os dous coma se fosen o dobre do monitor principal (isto é, dous monitores a 1680x1050, en troques dun dese xeito e outro a 1280x1024). Para que recoñeza as configuracións independentes de cada monitor e nun deles non apareza a imaxe deformada é preciso editar o xorg.conf pra que quede semellante a este. Con esas modificacións no xorg.conf feitas soio resta volver lanzar o amdcccle e seleccionar, na resolución do escritorio extendido, a suma dos dous (2960x1050 no meu caso). E, por certo, funciona o 3D! As referenzas pra facer todo isto atopeinas no blogue de micah nolte e no de Dave Hay.
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Mola o teu escritorio
Gústame o teu escritorio, é minimalista. :)
In a world without Gates, there is no need for Window$$. Debian GNU/Linux FreeBSD
teclado Apple
Hi! [off-topic]
Unha cousa, nun pc normal con Ubuntu 9.04 instalado un teclado Apple funciona igual nonsi, dado que vai enganchado no usb ou teño que instalar algún sw adicional???
Digo porque vou cambiar o teclado e o teclado que vende esta empresa pareceme tremendamente bonito.
Gracias.
Funciona perfectamente
Ola usuario Lousan,
certo, o teclado Apple Keyboard funciona correctamente con calquera distribución, e tamén na que nomeas, só terías que facer unha pequena configuración.
en Sistemas->Preferencias->Teclado ir a Disposicións e clicar onde pon "Generic bla bla bla". Ahí procura por marca Apple e modelo Macbook (intl).
Isto é simplemente para que che funcionen correctamente as teclas de función.
Saúdos
Mess with the Best, Die like the Rest.
teclado Apple
Gracias!!!
Vou logo polo aparello.
UBUNTU em iMac
Olá, saudações de Portugal!
Uma dúvida: existe aqui no site algum tutorial que ensine como instalar Ubuntu ou outra distribuição gnu/linux num iMac intel? Tenho usado apenas em virtualbox mas agora gostava de instalar linux nativamente e não sei como o fazer...
Obrigado a todos,
Marco Pinheiro
Aveiro - Portugal
Existen moitos manuais mais o mellor é
Olá Marco,
estou moi ledo de que chegaras ao glug! Respóstoche á dúbida porque tanto Denís coma eu temos un iMac e a instalación do mesmo é moi sinxela (mais non tan sinxela como nun computador normal).
Podes seguir este manual https://help.ubuntu.com/community/Intel_iMac está en inglés mais é bastante completo.
Se ves que non eres capaz deixa un comentario e podemos preparar un manual.
Saúdos a Portugal
--
Mess with the Best, Die like the Rest.