InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.
|
Eliminar paquetes marcados coma rc (ficheiros do sistema eliminados pero non borrados)Enviado por oscar en 22 Outubro, 2009 - 20:52.
Normalmente cando facemos unha actualización do sistema a unha versión superior ou cando eliminamos nos un paquete non usamos á opción --purge co dpkg ou co apt-get o que ocorre é que o paquete xa non está instalado, pero os seus ficheiros seguen no sistema a ocupar espazo. Pra velos paquetes que están marcados coma rc (eliminados, pero non purgados os ficheiros do noso disco) faremos:
Se agora queremos eliminalos por completo e que os seus ficheiros non queden no noso disco poñerémonos coma root e executaremos o seguinte:
Outra posible forma e máis elegante despois dos comentarios feitos abaixo sería: ( categorías: )
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
So unha minima correcion...
Cando vin o código proeume un clásico:
grep ^rc|awk '{print $2}'
O Awk é unha linguaxe de búsqueda, é innecesario utilizar o grep:
awk '/^rc/{print $2}'
Moitas grazas
Moitas grazas Manoel pola nota. É máis óptimo coma o fas ti, así non hai que executalo grep e logo a pipe ó awk que é máis costoso, tereino en conta á próxima vez que o teña executar
Isto por defecto
Boa entrada! eu tiña a leche de ficheiros tirouse un bo ánaco traballando.
Non pensades que este tipo de scripts tiñan que vir por defecto instalados no sistema??? ao fin son scripts de mantemento que facilitan as cousas ao personal non experto.
En fin esperemos que pouco a pouco vaiamos avanzando.
Grazas!
Pode non interesar borralos
Boas Galcet,
As veces non interesa borralos. Hai veces nas que non queres usalo paquete, pero ó estar só desinslado pero non eliminados os ficheiros de configuración do sistema máis adiante poida que voltes utilizalos e recuperas a configuración que xa tiñas de antes.
Non é o meu caso xa que dos arquivos de configuración que me interesan a maiores fago copias de seguridade.
Alternativa en debian maís sinxela
Unha alternativa para usuarios de debian é usar o paquete deborphan (non sei se en distros coma ubuntu está este paquete).
dpkg --purge `deborphan --find-config`
Grazas mordisko
Moitas grazas mordisko, remato de revisar o que ti pos e non o coñecía isa opción de deborphan, a partir de agora xa a usarei, creo que é incluso millor que a de galcet e moito moito millor que a miña
Non elimina todos deborphan --find-config
Boas Mordisco,
Remato de probar en varios equipos de eliminar con deborphan --fin-config e vexo que inda que elimina moitos non todos os que están marcados como rc. Así que usarei o posto máis enriba por xmanoel axudándose de awk.
Ousexa que ao final queda
Ousexa que ao final queda algo como
dpkg -l |awk '/^rc/{print $2}'|xargs sudo dpkg --purge
Máis sinxelo
dpkg --purge `(dpkg -l|awk '/^rc/{print $2}')`