Boas!!
Sigo pelexandome co Ubuntu, hoxe cando ia instalar a miña nova impresora no momento de querer engadila saiume este mensaxe -client-error-not-authorized- logo quixen acceder a CUPs via web http://127.0.0.1:631 pero en ningún sitio me pide a clave do root.
Que estou facendo mal??
Fixen o que pon aquí : http://www.ubuntu-es.org/?q=node/124972 pero non conseguin nada, ou non o fixen ben ou non é ese o erro.
Saudos!
Cups - solución
Vai por Sistema -> administración -> impresoras que é por onde se accede normalmente
Por aí accedes directamente ó servizo cups que é outra forma de facelo, pero menos práctica e non accedes pq root non ten password por defecto. Terías que facer:
$sudo su -
#password
E así crearás un password pra root, logo xa vas poder acceder
Erro ao engadir impresora
Por Administración -> Impresoras é por onde habitualmente a engado, pero non sei a conto de qué, saltame o mesmo erro que indiquei antes... client-error-not-authorized, por iso probei o de fedellar no CUP's.
Non sei porque me pode dar este erro, dado que ao equipo non lle toquei para nada, só cambiei a impresora nada máis.
Como podo facer para que me permita instalar a impresora e non me de o erro??
Grazas!
cups: Probar poñer pass a root
proba poñer o pass a root tal e coma che indiquei enriba e entra vía web co usuario root e passwd q lle puseches.
O cups deixa entrar sen meter password, pero logo cando accedes a determinadas zonas (configurar por exemplo ou engadir) vaiche pedilo password de root