InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.
|
chroot do sftp e acceso sftp sen login co sshEnviado por oscar en 11 Abril, 2008 - 08:02.
Neste pequeno artigo falarei de 2 cousas das que acaba de ver esta semán: -Acceso mediante sftp sen ter login co ssh ou na máquina real (explicamos máis abaixo coma facelo) -Nova versión do ssh (a 4.8p1) a cal incorpora unha nova característica que é o ChrootDirectory. Pra ler máis sobre isto podemos mirar o seguinte enlace. Sobre o de crear acceso mediante sftp sen ter login na máquina explicarei coma se fai. As veces queremos que o usuario poida ter acceso á máquina pra subir, borrar, modificar arquivos, pero non queremos permitirlle que poida navegar polos directorios de toda a máquina. O que se soia facer era en vez de usar ssh, usábase ftp (o cal xa sabemos todos que é moito menos seguro). A solución pra facer isto pasa por crear os usuarios na máquina onde está instalado o servidor e modificalo coma cos seguintes pasos: Miramos onde está aloxado o demonio do sftp, o cal aparece este no ficheiro do servidor ssh normalmente cara o final.
Aí atoparemos unha liña parecida a ista (pode ser diferente):
Entón ca dirección que nos indique esta liña de onde está o binario do servidor sftp o que faremos será poñela coma shell do usuario do cal non queiramos que poida ter acceso á máquina excepto a través de sftp:
E o seguinte que teremos que facer será engadir tamén á liña anterior ó ficheiro das shells
Agora probamos a loguearnos por exemplo co ssh:
Vemos que me da o típico mensaxe do servizo, pero nunca dame un terminal Artigo orixinal lido neste enlace Espero que os serva de axuda, Mail: oscar.casal[at]gmail.com |
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Gracias Oscar
Moi bo oscar, de moita axuda
Mess with the Best, Die like the Rest.