InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.
|
Carta aberta do GLUG á Xunta da GalizaEnviado por Denís en 16 Xullo, 2009 - 17:10.
Como bastantes xa saberedes, o goberno do Partido Popular ven de publicar un plano estratéxico para as novas tecnoloxías que, semella, substitúe ao anterior Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información. O PEGSI representaba, con todas as suas carencias, unha aposta forte polo Software Ceibe e o novo plano da Xunta ignora na sua totalidade estes temas.
É por iso que por toda a rede están a se mobilizar asociacións e indivíduos para lles facer chegar aos dirixentes da Xunta o seu desacougo, e o GLUG únese a estas iniciativas co envío dunha carta Certificada á segredaría Xeral de Modernización. O escrito foi remitido hoxe de mañá e pode ser leído de seguido: Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza Prezados responsábeis da política tecnolóxica da Xunta: Escribolles no nome do Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG), unha asociación cultural que leva dez anos adicada á exploración e promoción dun modelo ético, tecnolóxico e económico alternativo ao actualmente imperante no eido da informática que está a ser adoptado por numerosos países, empresas, indivíduos e entidades de índole varia en todo o planeta. Este modelo económico representa hoxe por hoxe unha nada desprezable parte do capital movido polas empresas de tecnoloxías da información e comunicación no noso país e no estranxeiro, e a posibilidade de que Galicia desenvolva un tecido empresarial nun eido de rápido crecemento e expansión. É un modelo que pola sua propia natureza conleva un enorme retorno social e promove a industria local. Tanto nos gobernos anteriores do Partido Popular coma no recente goberno bipartito PSOE-BNG o GLUG, facendo causa común con outras asociacións adicadas aos mesmos fins fixo un especial fincapé en, ademais de manter o seu traballo de base entre a cidadanía, se por en contacto cas autoridades competentes para lles facer ver a nosa proposta e preocupacións e se ofrecer coma interlocutor e asesor onde fixese falla. Esta dispoñibilidade foi aproveitada en diferentes graos en diferentes momentos e, en xeral, resultou moi positiva. Fixéronse adiantos que, se ben nos gustaríamos de ver mais valentes e decididos, avanzaron en xeral na dirección axeitada. Mantendo esta liña, o GLUG está a realizar un traballo de coordinación co resto de entidades que forman a comunidade do Software Libre en Galicia para presentar un análise de situación e unha serie de propostas ao actual poder executivo que vostedes representan. Nembargante, nos últimos días veñen de suceder unha serie de feitos que alteran notablemente os tempos que tiñamos previstos para esta toma de contacto e que, achamos, fan necesaria esta carta urxente. O pasodo 9 de xullo, o Goberno Galego aprobou un conxunto de medidas que debuxan a política tecnolóxica da Xunta ata o ano 2010. Sorpréndenos en parte este movemento, xa que existía e fora aprobado xa polo goberno anterior o Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información que, cas suas carencias, recollía boa parte das nosas preocupacións, froito dun longo proceso de negociación cos diferentes sectores implicados na industria tecnolóxica do país. Entendemos que un cambio de goberno implica necesariamente cambios no xeito de facer as cousas e polo tanto unha certa modificación das decisións de gobernos anteriores. O que non entendemos, nembargante, é que as novas decisións tomadas parezan ignorar e mesmo ir en contra do programa electoral co que o seu goberno concurriu ás eleizóns. En concreto, comprobamos con preocupación que neste plan non aparece referenciada ningunha iniciativa de promoción do Software Libre ou de continuidade das existentes (como as Oficinas de Software Libre Universitarias ou Mancomún) nin tampouco compromiso algún para implantar estándares abertos na administración electrónica da Xunta. Un movemento decidido a favor do Software Libre na Xunta -- e na educación e administración galegas en xeral -- suporía deixar de adicar millóns de euros a mercar licenzas de aplicativos privativos que son pagadas directamente a empresas foráneas para, de xeito moito mais crítico para o noso futuro colectivo, os investir no desenvolvemento dunha industria informática xenuínamente local e autónoma que se encargase das tarefas de desenvolvemento e configuración dos aplicativos libres empregados pola administración. É preciso incidir nisto: non se trata soamente de que poderían gastar menos cartos dos contribuíntes, senón en qué se gastarían: na industria local ou no estranxeiro. Entendemos que, nos tempos de crise nos que vivimos, este retorno económico á sociedade debe de ser un movemento estratéxico fundamental que traspase cores políticos. Non se trata soamente dun posicionamento ideolóxico senón dunha causa de boa xestión e eficiencia -- ás que, debemos lembrar, están obrigadas pola Constitución Española todas as administracións públicas. Quixeramos aproveitar esta carta que lles remitimos para incidir no feito de que o Software Libre non é soamente unha cuestión de aplicativos informáticos (Software Libre non é soamente o "linux"). A asociación que represento e aquelas que comparten o noso camiño temos unha fonda preocupación polo futuro informacional do país. Entendemos que é autoevidente para calquera persoa conectada ca actualidade tecnolóxica e económica que a sociedade na que vivimos depende nun grao moi alto do libre e eficiente intercambio de información. Este intercambio, nembargante, require de estándares e protocolos libres e abertos -- tecnoloxías aceptadas e aprobadas por organismos internacionais coma a International Standards Organization -- que son habitualmente defendidos polas asociacións e empresas asociadas ao Software Libre, pero chocan frontalmente cos intereses monopolísticos de negocios que históricamente tiveron o control sobre de qué xeito se transferían e se almacenaban os datos. Neste senso, en Europa e no mundo está a se loitar unha batalla burocrática e legal pola estandarización e o consenso na que é vital que os gobernos se impliquen. Afortunadamente, tanto a Comisión coma o Parlamento Europeos, así como as Nacións Unidas e o propio Goberno do Reino de España coinciden en identificar as tecnoloxías libres e os estándares libres e abertos coma os únicos garantes da interoperabilidade. Exposto o anterior concluirá que a ausencia de calquera referencia ao Software Libre, estándares e tecnoloxías e casúistica asociadas no plano que veñen de presentar nos preocupe de xeito notable a nos e a un grande número de persoas da sociedade galega. Pensamos que é urxente que o seu goberno emita un comunicado aclarando cal é o seu posicionamento sobre estes temas e, aínda mais necesariamente, que corrixan o plano do día 9 de Xullo para reflexar o grao de implicación que a administración que vostedes representan vai a asumir ao respecto, tanto mais cando lemos expresamente no programa electoral co que concurriron ás pasadas eleccións o seguinte: «[O Partido Popular comprométese ao] Impulso da implantación de software libre e uso de estándares abertos na Administración Autonómica, compartindo e reutilizando o software que fose creado con diñeiro público, sen posicións dogmáticas fronte a catro anos de bipartito de impulso teórico e enchido de adxudicacións de software privativo» Quixera rematar esta carta poñéndome a min e á miña asociación á disposición das consultas que nos queiran facer sobre calquera destes temas, por correo electrónico, carta ou entrevista -- tanto nos coma calquera outro ente implicado no mundo do Software Libre en Galicia estará seguramente encantado de lles prestar a axuda da que precisen para ter unha visión cabal da situación que vivimos. En Santiago de Compostela, a 15 de Xullo do 2009, fico á sua disposición, Denís Fernández Cabrera,
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Agora a esperar resposta
Teremos que agardar un tempo prudencial, e despois esperemos que nos respondan aportando algunha información sobre estos extranas accións que están levando a cabo.
Resposta desta carta á Xunta?
Hai resposta a esta carta por parte da Xunta?
Mute ON
O título do comentario di todo.
Mess with the Best, Die like the Rest.
Censurando fíos e atacando aos compañeiros... mal vamos...
home a ver... lendo a carta outra vez despois das críticas do fío censurado sobre as eleccións na uni, pois home a verdade é que da para pensar...
o caso é que todo esto da para pensar e moito... está claro é que eso de responder ás críticas censurando as discusións e atacando á xente... home Denís creo que deberías pedir disculpas por que eso non se fai e si te paras a pensalo daraste conta de que obxectivamente é así non se pode atacar á xente nin facer censura por que dá moi mala imaxen a todo o software libre...
eu prefiro non dicir quen son para evitar represalias mentras a cousa non se calme un pouco pero home esto non debería ter pasado e Denís deberías disculparte polo que fixeches non crees?
Censura?
Boas Komposlibre,
Calqueira das persoas que ti comentas, incluido ti, puido subir o que lle pareceu oportuno no seu momento sobre o que facía a Xunta ou non, que non houbo ningún tipo de censura nin se borrou ningún artigo. Se non o fixeron, non vou pensar mal, e vou crer que foi polo mesmo motivo que non o subimos ningún de nos -entre os que me inclúo-, por falta de tempo e tal vez porque prefiro invertilo en ir por aí adiante a dar charlas proactivamente sobre SL en vez de esperar na miña casa que o resto fagan as cousas ou perder logo o tempo criticando o que os demais fixeron ou deixaron de facer.
Partindo do anterior, de que calqueira puido subilo artigo, ninguén pode chegar eiquí e dicir que non se fixo nada, porque entón o que tería que facer é pra mirar pra el mismo, pensar porque non o subiu o GLUG e porque non fomentou algunha iniciativa pra lograr algo dende esta asociación.
Pra concluir, e coma xa dixen antes que prefiro invertilo tempo en mellores cousas que ista de contestar a comentarios que non levan a ningún lado, pecho a miña participación. E agradecería que calquer reflexión deste tipo sexa tratado nas listas e en asamblea en persoa tal e coma comentou Denís, xa que a web non é pra estes temas
Tentativa para clarejar os equívocos
Olha Denis... tivem o prazer de te conhezer no pessoal recentemente e por referéncias tenho a convição de que o ataque pessoal que publicaste neste mesmo site web contra o Suso Baleato é obra dum lamentavel malentendido -nada inocente, como depois clarejarei- e do que acabaste sendo vítima junto a outros companheiros teus (sendo por certo um deles quem me comentou a existença desta polémica e quem me animou a publicar esta mensagem.)
Aclaro em primeiro termo por que estou numha posição privilegiada pra desfazer este malentendido: por que tambem co Suso Baleato partilhei projeto noutro espaço e noutro tempo (acredito así tanto na sua honestidade e boa fé como na tua) e por que debido á minha profisão tivem acceso a esta informação que, por pertencer ao ámbito jurídico, obriga-me a gardar discreção se bem pode comprobar-se a veracidade de tudo o que aquí exprimo com só acudir ás oportunas instáncias administrativas e judiciárias.
Afirmase que Suso Baleato é despedido por ser um cargo politico. Nada mas longe da realidade. Qualquer pessoa cum mínimo de conhecemento legal sabe que os cargos politicos são desinados pe-lo responsavel político de turno e cesam automaticamente quando este é destituido. Pola contra Suso Baleato nom cesou quando os politicos bipartitos forom destituidos: pe-lo simple motivo de que o seu não era um posto político, senom técnico, convocado ademais meiante concurso-oposição de forma pública e aberta e que o Suso ganhou polos merecimentos que ninguem ignora pois co curriculum do Suso é dificil competir.
Por que então esa informação falsa? E qual é a sua orige? Esas são as duas questões que eu posso clarejar pois é a parte da história que não se conhece: o despedimento do Suso Baleato prodúze-se por sair na defessa dos postos de trabalho das pessoas diretamente relacionadas co software livre (aprosimadamente 100 pessoas repartidas entre o CESGA, nas Universidades, na Rede de Dinamização e na Fundação Qualidade) umha vez se lhe comunicam as intenções do novo Governo para desmantelar Mancomum na forma em que depois tería lugar (despedindo progressivamente aos trabalhadores e reducindo o seu funcionamento a umha página-web de notícias, contando com que as asociações de empresas e Linux não protestaríam a cambio de oferecerlhes umha ajuda económica, como asi sucedeu). O Suso opom-se ao desmantelamento, resultando desinado para representar aos trabalhadores ante a Fundação... e nesse momento prodúcem-se os primeiros despedimentos fulminantes, incluido o seu proprio, e que serão os primeiros dumha longa sucesão como é bem conhecido.
Posteriormente parte destes despedimentos serão denunciados pe-la CIG por represão sindical e fai apenas ums dias os julgados do social ditarom a nulidade de parte desses despedimentos (despedirom a mulheres embaraçadas e a pessoas que estabam de férias por ejempo) ordenando a readmissão desses trabalhadores e reconhecendo a improcedéncia de TODOS os despedimentos, sendo este tambem o caso do Suso dende o princípio, quem poderia legalmente solicitar agora a sua readmisão.
Como é facil percever tráta-se duma condena de extrema gravidade contra a gerenta da Fundação Qualidade, debido a que supom a vulneração de direitos fundamentais, ou seja, repressão laboral em tuda regra. Por este motivo tras conseguir o reconhecemento da improcedéncia dos despedimentos, a gerenta da Fundação estaria a ser incursa agora numha denuncia coletiva, esta vez por via penal, e onde estariam imputadas outras pessoas como Margarita Ardao ou Roberto Vieito debido a que (esta é segunda parte da informação que se estivo ocultando até agora e que desejo clarejar) estas pessoas seriam as responsabeis de divulgar falsas informações sobre o Suso que pretendiam ocultar a realidade dos factos (afirmando falsamente que se trataba dumha mera reorganização administrativa ou dando a entender que o de Suso era um cargo político e não técnico, desmentido na sentença judiciaria e confirmado pe-al Inspeção de Trabalho do Ministerio) e em segundo lugar desprestigiar a imagem pública do Suso para evitar qualquer acção organizada de protesta dende a comunidade contra da demolição do software livre emprendida pelo atual governo (o que se denomina "cabeça de turco") entre as que se incluiríam informações sobre falsas irregularidades nos processos de contratação asi como na gestão da marca "Galinux", dando a entender propósitos lucrativos, dos que existe proba documental que foi apresentada no Julgado do Penal. Ao parecer o caso de Roberto Vieito é especialmente grave, debido a que esisten indícios de que tería atuado como representante da Fundação e como presidente dumha das asociações beneficiarias das ajudas concedidas por esa mesma empresa, sendo constitutivo dum delito de prevaricação.
Bom, aguardo que com esta informação fique esclarecida a coisa, tanto a origem da falsa informação como as suas motivações. Denis (e não só) foi vítima dumha estratégia muito bem calculada de difamação contra Suso... mas que não tinha como objectivo ao Suso, senão ao coletivo do software livre mesmo, gerando desunião. Esta estratégia da desunião tería debilitado ao coletivo como voz autorizada nas negociações com o novo Governo, perdendo progressivamente peso até o ponto de já só se limitar a discutir detalhes irrelevantes como a quantidade das ajudas.
Na realidade esto não é nada novo: é só o "divide e vencerás" que nos movementos com mais anos ca vós já vivimos: reintegracionismo, independentismo, feminismo, ecologismo... sempre é a mesma história. O erro fundamental é atacar ao parceiro. Nunca se debe atacar ao parceiro que comparte os mesmos objectivos mesmo quando se difire nos meios: esse é o erro fundamental, de principiantes, que tudos cometemos num momento ou noutro e que debemos disculpar que Denis cometera com o Suso. Acho que esta debera ser a conclusão fulcral desta confusão: lembrem sempre que na união está a força.
Denís. Fala xa con Suso e confirma se esto é certo por favor.
Todo esto é bastante desagradable.
Estou orgulloso do GLUG dende que estaba con Damián e non quero que ninguén nos poda botar no futuro en cara que dende o GLUG estivemos atacando a ninguén da comunidade e moito menos contra Suso Baleato.
Denís por favor fala con Suso para confirmar todo esto si é certo pídelle disculpas en nome da asociación por que eu síntome avengorzando. Rodrigo moitas gracias pola información aínda que non estamos acostumados a escribir en portugués.
Por favor aprendamos dos errores e procuremos todos a partir de ahora non volver atacar á xente que colabore no Software Libre.
Parece ser que é certo. Ver
Parece ser que é certo. Ver o comentario de "yomismo". Menudo elemento debe ser o Roberto Vieito ese.