Cambiar o theme do Xsplash de Ubuntu Karmic

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 23 Novembro, 2009 - 18:38.

Captura de pantalla do theme de Xsplash para Mabishu Studio Esta é a segunda entrega de "O home que non lle gustaba o artwork de Ubuntu", e aproveitando o tirón do anterior howto ataco de novo con este de personalización do Xsplash para Ubuntu Karmic. Aproveito de segundas tamén para xerar un paquetiño para a miña empresa e mato dous paxaros dun tiro.

Explicacións para newbies: a solución pasa por machacar os ficheiros que hai en /usr/share/xsplash/images. Ademáis como efecto colateral temos a personalización do GDM no mesmo paquete.

Explicación para medium user: A solución ven con "machacar" o paquete virtual de ubuntu chamado xsplash-artwork que é fornecido polo que queiramos nós, de forma que o contido do noso paquete cambie os ficheiros que lee xsplash de forma predefinida. GDM emprega o mesmo fondo que XSplash.

Explicacións para power user/debian devs: Creamos un paquete que teña Provides: xsplash-artwork, e logo Replaces: xsplash-artwork.

Anexo unha captura de como queda e tamén o paquete .deb do theme para Xsplash (non podo xa que é pesado) que fixen para Mabishu Studios.


Imaxe de Paco

Explicacións do tema

A cousa esa que vedes no centro é unha explosión de fogos de artificio animada. Básicamente un gif animado pero en plano.

Mess with the Best, Die like the Rest.