InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
|
Bloqueo de Grub2 con usuario e contrasinalEnviado por Paco en 19 Xaneiro, 2010 - 13:44.
Comentar inicialmente que todavía está nunha fase de desenvolvemento inicial pero logo de probalo podo confirmar que funciona bastante ben. Aquí explico como activar o soporte de autenticación en grub2 e así evitar que un usuario sen privilexios cambie as entradas do menú grub. Editade o ficheiro /boot/grub/grub.cfg e inseride na parte superior: set superusers="usuario1" como vedes é unha sintaxe ben sinxela e autoexplicativa, ollade a particularidade que na segunda entrada de menú só poderá arrincar o usuario2 alén de poder editar a entrada tanto o usuario 1 como o 2. Por outra banda, se vos dades de conta estamos inserindo un gran fallo de seguridade porque a contrasinal está escrita en claro. Polo momento password só ten soporte para contrasinais en claro polo que se queremos que un usuario teña a contrasinal cifrada teremos que crear un ficheiro de configuración en /etc/grub.d/ e empregando grub-mkpasswd-pbkdf2 poderemos xerar un bloque que representa o usuario coa contrasinal como o seguinte (recortado para que non altere a disposición da páxina: password_pbkdf2 user3 grub.pbkdf2.sha512.10000.9290F727ED06C....38BA45 Para información máis detallada e posibelmente máis actualizada dirixídevos a http://grub.enbug.org/Authentication ( categorías: )
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Grub-reboot tamén
Pois semella que todos os anxos me escoitaron. Precisaba tamén de Grub-reboot con grub2 e tamén está solucionado un dos bugs dos que acaecía. A partires da versión 1.98~20100101-1ubuntu1 está feito como se pode ver no informe de bug https://bugs.edge.launchpad.net/ubuntu/+source/grub2/+bug/497326
Peero tede en conta que agora grub-reboot (grub2) comportase como grub-set-default (grub "1") polo que teredes que facer un reboot logo do mesmo.
downgrade
Eu optei por un downgrade a grub a secas, en producción millor pasar de experimentos e versións betas que logo ven unha actualización e peta todo.
A verdade que menuda cagada cando instalei a primeira co grub2 e vin q non podía meter password, case me da algo.
Graciñas polo artigo