C'mmons Baby! - Música baixo licenzas Creative Commons

Imaxe de Denís
Enviado por Denís en 25 Febreiro, 2009 - 12:58.

Estaba hoxe a responder dende a Oficina de Software Libre da USC a un correo onde nos preguntaban información sobre cómo liberar un disco baixo dunha licenza Creative Commons, e decateime de que o proxecto dun meu amigo, Uxío, ben podería ser de interese para os que nos movemos na Cultura Ceibe.

Crachas do C'mmons Baby!

O blogue chámase C'mmons Baby!, e é a base para un podcast regular de música baixo licenzas CC que ademais se condensa nun programa de radio. Ademais da música en sí mesma, que se pode descargar coma cápsulas de 25-30 minutos, tamén se poden descargar do blogue as escolmas C'mmons Baby!

Finalmente, os que andedes pola mala vida de Santiago de Compostela seguramente teñades visto por algures xa as crachas e outro merchandising do CB.

 


( categorías: )
Imaxe de Paco

Downloading, grazas Denís

Downloading,

grazas Denís non coñecía o podcast, agora a metelo no reprodutor

Grazas Denís

Muito obrigado pola referencia, Denís; e benvido Paco ao "clube" de C'mmons baby!

Imaxe de Miguel

Xa me apuntei ao seu rss

Apuntado queda. Gracias.