InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.
|
blogue de DenísAs eleccións de Reitor na USC e o Software LibreEnviado por Denís en 2 Maio, 2010 - 22:12.
Van ser o vindeiro 5 de Maio as eleizóns a Reitor na USC e a comunidade universitaria está chamada a facer algún tipo de escolla entre os sete candidatos que se presentan. Sen nos meter nos outros moitos factores que é preciso ter en conta para facer unha escolla deste tipo, quixera debullar neste lugar o que sei, ate o momento, do que consideran os respeitivos candidatos sobre o Software Libre -- ou alomenos, o que nos seus programas e páxinas web atopei, e facer algunhas consideracións tanto para os propios candidatos coma para os que estexades chamados a votar. DinahostingEnviado por Denís en 19 Marzo, 2006 - 14:01.
Supoño que isto pode parecer algo semellante a publicidade, pero despois de todo é o meu blogue persoal, e ben podo contar nel o qué me parecen as cousas. Veño de contratar, con Dinahosting, un servizo de hospedaxe. Xa contratara antes con eles un rexistro de dominio, e quedara moi satisfeito, e desta vez tamén me causaron moi boa impresión, polos seguintes motivos: ( categorías: )
Horarios do segundo cadrimestreEnviado por Denís en 19 Febreiro, 2006 - 15:01.
Na esquerda a versión oficial, na dereita a resultante despois de decidir que teño que deixar unha asiñatura (estatística) e que as prácticas doutras dúas teño que poder facelas pola miña conta. Os '???' son o suposto de que poida facer parte das horas da aula de informática o venres de mañá. E aínda así non empata todo. Facei clic na imaxe e compadecédeme. ( categorías: )
¡100 Comentarios!Enviado por Denís en 31 Xaneiro, 2006 - 14:37.
Veño de me decatar que hoxe escribín o comentario número 100 nesta nova andaina da páxina do GLUG. (Podédelo verificar na sección de comentarios da páxina de estatísticas.) Hum... Sí, non é un acontecemento cóscmico. Pero non deixa de ter graza. Despois de todo é unha desas potencias de dez que tanto nos gustan. Cando publique o 128 hei de poñer outra entrada. Marxinalmente... Acaba de se me ocorrer que sería simpático monitorizar estas cousas, e indicarllas ó usuario. Talvez ter unha caixiña nunha das barras laterais onde se anunciasen cousas deste tipo (o último usuario rexistrado, o usuario fulanito que ven de publicar o seu comentario número 2^oquesexa...). ( categorías: )
mv /. /dev/null -- ou sobor do OpenOffice en galegoEnviado por Denís en 15 Outubro, 2005 - 19:46.
Ádesme desculpar, pero como este é o meu blogue persoal, onde as opinións que expreso son as miñas e non as do GLUG, vou facer un pouco de demagoxia política. Veño de comete-lo terrible erro de le-los comentarios dos lectores ó anuncio en barrapunto da futura traduczón do OpenOffice ó galego, e quedei totalmente farto da ralea que por aló se move, pois que predomina aló a típica actitude do informático de laboratorio que "no se mete en política" (ou en cultura, ou en identidades, ou en un compromiso calquera), sen se decatar de que todo é política. Mesmo a negativa a se mollar nela: a famosa frase aquila de "Haga como yo, no se meta en política" pertence a certo galego que marcou a vida do estado español entre 1936 e 1975. ( categorías: )
Horario provisional pra este anoEnviado por Denís en 1 Outubro, 2005 - 17:36.
Puff... Ollade o horario que me espera este primeiro cadrimestre:
E é temporal -- aínda está por ver cómo consigo facer encaixar Aikido aí no medio de todo. Eses tres días con soio unha hora de clase na mañá mátanme... Son unha perda de tempo total, porque ir e vir a Compostela soio xa me leva un anaco grande, así que non ten sentido andar indo e vindo pra unha hora. Terei que ir e traballar aló... Vou precisar un portátil. E o horario do segundo cadrimestre non queirades nen velo. ( categorías: )
A Catedral, o Bazar e o CatarroEnviado por Denís en 29 Setembro, 2005 - 23:34.
Non, se ó final vai ser certo aquilo de que os ianquis mandan anthrax por correo... Veño de recibir The Cathedral and the Bazaar, de Eric S. Raymond, un tío da OSI que me cae fatal porque é un ultraneoliberal noxento. Pero hai que se educar en tódolos puntos de vista, pra poder argumentar. O libro en cuestión é o primeiro que recibo dun pacote de varios, entre os que se inclúen tamén o Free Software, Free Society, de Richard Stallman e Free Culture de Lawrence Lessig. Tamén pedín unha versión en DVD de Revolution OS que espero de todo corazón que esté subtitulada en castelán ou portugués, pra lla poder ensinar á xente por aquí. ( categorías: )
Facendo probas co formatoEnviado por Denís en 21 Setembro, 2005 - 18:11.
Ola de novo, camaradas. Estou a facer probas co tema da integrazón das imaxes nos blogues (e, por exensión, no resto dos contidos) do GLUG.
Esta imaxe non ten borde, porque como ten fondo branco, queda moito mellor así. Este efecto pódese conseguir de xeito doado co seguinte código:
Esta outra imaxe, pola contra, usa o formato por defacto, que é cun borde gris. Creo que queda mais elegante na maioría das imaxes, pero é algo que deixo a discrección do escritor. Tódalas imaxes aparecen cetradas. ( categorías: )
Probando o blogue ás doce da noiteEnviado por Denís en 17 Setembro, 2005 - 23:03.
Iste é un texto de proba que estou a escreber pra ver se o blogue funciona ben. Son as doce da noite dun sábado de Setembro, e estamos a face-la migrazón da páxina do GLUG dende o PHPNuke ata o Drupal. ( categorías: )
IrmausEnviado por Denís en 17 Setembro, 2005 - 18:54.
...Si é tua a miña noite, Celso Emilio Ferreiro ( categorías: )
|
Temas activosArtigos recentes no blog
|
Comentarios recentes
fai 2 semanas 4 días
fai 3 semanas 4 horas
fai 3 semanas 1 día
fai 3 semanas 3 días
fai 3 semanas 4 días
fai 9 semanas 1 día
fai 9 semanas 5 días
fai 9 semanas 6 días
fai 11 semanas 6 días
fai 12 semanas 3 horas