blogue de Paco

Modificar o contido dun initrd xerado

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 23 Febreiro, 2010 - 19:23.

Este artigo é bastante técnico polo que un usuario medio non debería ter que recurrir a isto nunca. Aquí explicarei mediante un pequeno script como descomprimir o contido do mini sistema operativo que carga o computador.

Descompresión e acceso ao initrd:

 
$ cd /tmp
$ zcat /boot/initrd.img-$(uname -r) > initrd
$ mkdir master
$ cd master
$ cpio -i < ../initrd

Xa estás dentro do initrd polo que podes modificalo. En canto remates as modificacións xa podes voltar a comprimilo.

 
$ find . | cpio --quiet --dereference -o -H newc | gzip -9 > ../initrd.gz

O nomo initrd coas modificacións está en /tmp/initrd.gz


( categorías: )

Brainstorm: selecciona o teu aplicativo favorito en Ubuntu

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 15 Febreiro, 2010 - 09:17.

Unha das ideas que máis me gustan de brainstorm.ubuntu.com é a de "Configurar Ubuntu durante o proceso de instalación". Isto permite seleccionar o teu aplicativo favorito para cada unha das tarefas máis comúns do sistema (navegador, email, reprodutor de música, ...).


Lucidity: unha proposta de tema para o Ubuntu Lucid

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 9 Febreiro, 2010 - 09:16.

Os usuarios do Ubuntu sempre debatiron sobre o redeseño da interface e aínda que na última versión Karmic Koala obtívose un impulso moi importante na limpeza da mesma, somos moitos os que cremos que agora temos a oportunidade de cambiala. Neste senso descubrin este "mockup" de tema para metacity que nada máis velo saqueime o sombreiro. Se vos gusta difundídeo para que sexa o tema oficial de Karmic.


Novo controlador de vídeo de ATI para Linux con soporte para Ubuntu 9.10

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 29 Xaneiro, 2010 - 16:31.

O pasado 27 de xaneiro, AMD anunciou unha nova versión do seu controlador de tarxeta gráfica propietario para os usuarios de Linux. ATI Catalyst 10.1 actualiza o software á versión 8.69 e introduce soporte para o Ubuntu 9.10 de Canonical. Conta con compatibilidade para arquitecturas de x86 e x86_64 ademáis de que ATI Catalyst 10.1 tamén soluciona unha morea de problemas:


( categorías: )

Bloqueo de Grub2 con usuario e contrasinal

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 19 Xaneiro, 2010 - 13:44.

Como adianto no título xa dende a revisión 2529 do SVN de Grub2 contamos con "Basic authentication support". Un dos grandes erros de regresión que Grub2 introducía ao reemprazar a grub en moitas das distros actuais. Este pequeno erro impedíanme poñelo en produción nos ambientes "hostís" nos que teño implantado GNU/Linux (comunidade universitaria).

Comentar inicialmente que todavía está nunha fase de desenvolvemento inicial pero logo de probalo podo confirmar que funciona bastante ben. Aquí explico como activar o soporte de autenticación en grub2 e así evitar que un usuario sen privilexios cambie as entradas do menú grub.


( categorías: )

Gaña espazo reducindo o panel e as iconas en Ubuntu

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 14 Decembro, 2009 - 00:04.

Lendo unha das suxestións en brainstorm.ubuntu.com vexo que coma min hai moita xente que pensa que os menús e paneis ocupan demasiado espazo en pantalla. Polo que vou explicar aquí como facer para gañarlle uns poucos pixeles á pantalla.


( categorías: )

Lost disk space: ou como saber o uso de espazo empregado no disco

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 10 Decembro, 2009 - 02:33.

Aplicativo Baobab, para o analise de uso do discoMoitas veces de seguro que pensastedes o seguinte: ¿Onde demo están esos gigas que xa non están no meu disco duro?

A opción máis sinxela é facer unha análise do disco coa utilidade Baobab chamada en galego "Analizador do uso do disco" que toparedes no menú Aplicativos->Accesorios.

Pero e se o que che está ocupando espazo en disco son os aplicativos que tes instalados?
Pois para iso a seguinte solución...


( categorías: )

Arrinca o teu sistema moito máis rápido: ubuntu-boot

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 4 Decembro, 2009 - 02:59.

Aínda que xa a nova Ubuntu arrinca moito máis rápido que as predecesoras e para a seguinte xa prometen que arrincará en só 10 segundos, os impacientes poden ter unha mellora sustancial no tempo de arrinque das nosas computadoras con este pequeno consello. Ubuntu Boot Packages  contén paquetes que optimizan o teu sistema para este propósito.


( categorías: )

As caras B de Ubuntu: software adicional

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 4 Decembro, 2009 - 02:50.

Remataches de instalar a túa magnifica Ubuntu Karmic pero resulta que non sabes que aplicativos debes instalar agora. Esta  cuestión é moi recurrente ao instalar un novo sistema operante máis en Ubuntu isto simplificase moitísimo.


( categorías: )

etckeeper: mantendo os ficheiros de configuración do sistema con versións.

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 28 Novembro, 2009 - 16:16.

etckeeper permite xestionar os ficheiros de configuración do sistema (/etc) de forma sinxela nun repositorio dun Sistema de Control de Versións (SCV).

Basicamente insire hooks en apt para que remita os cambios feitos en /etc cando se instale algún paquete ou se actualice. Inserir os /etc nun sistema de control de versions é unha boa práctica na industria e un dos puntos fortes de etckeeper é facer este proceso o menos difícil posíbel.

Neste pequeno manual explicarei as bases do sistema polo que pode ser de interese para administrador de sistemas.