Faite socio

No GLUG hai dous tipos de usuarios -- os que meramente se rexistran pra poderen colaborar, comentar e usar os servizos da páxina (os usuarios rexistrados) e os que ademais pagan unha pequena cota (socios propriamente ditos) que ten a única finalidade de axudar a financia-los gastos do dominio e amosar que hai unha implicación seria co grupo.

Pódeste facer usuario rexistrado dende esta páxina. E pronto poderás comezar a facer uso dos nosos servizos.

Se ademais queres ser socio pleno e apoiar económicamente o GLUG, amosa-la túa implicazón, ter dereito a voto nas Asembleas, a unha conta de correo web, un blogue persoal, e algúns outros beneficios, o procedemento consta de catro pasos:

  1. Faite usuario rexistrado.
  2. Unha vez poidas acceder á túa conta, date de alta na rolda de correo do GLUG.
  3. Ingresa a cota de socio na conta: 2100-1455-15-0200113084, Oficina 1455 La Caixa (Santiago de Compostela), indicando o nome de usuario rexistrado e o enderezo de correo electrónico. As cotas son:
    • Cota de socio numerario : 6 Eur/ano
    • Cota de socio empresa : 30 Eur/ano
  4. Pra remata-lo proceso, date de alta no formulario que segue. Os campos marcados co asterisco vermello son obrigatorios:
( categorías: )